martes, 11 de novembro de 2014
xoves, 23 de outubro de 2014
xoves, 8 de maio de 2014
luns, 7 de abril de 2014
sábado, 5 de abril de 2014
xoves, 3 de abril de 2014
sábado, 29 de marzo de 2014
venres, 28 de marzo de 2014
xoves, 20 de marzo de 2014
domingo, 2 de marzo de 2014
sábado, 1 de marzo de 2014
COMPETENCIA DIXITAL: formar para aprender ao longo de toda a vida.
Os cinco apartados dos que fala o autor nese mapa conceptual que vai elaborando aluden á competencia informacional, a competencia tecnolóxica ou informática, as alfabetizacións múltiples, a competencia cognitiva xenérica, e a máis controvertida de todas: a cidadanía dixital.
Ter competencia informacional significa ter coñecementos, habilidades e destrezas para traballar con informacións. Nós, como profesoras e profesores, vémonos obrigados a favorecer a adquisición destas competencias no noso alumnado. Elas e eles nacen con todo tipo de ferramentas dixitais entre as mans e debemos axudar a que as usen cun criterio crítico e analítico. Hoxe en día toda a información que recibimos chéganos a través de medios audiovisuais e, aprender a dixerila, analizala e seleccionala é unha tarefa que nos leva toda a vida. Favorecer o coñecemento das novas linguaxes audiovisuais axudará ás nosas mozas e mozos a ser cidadáns críticos e responsables no uso destas tecnoloxías da información.
O autor reflexiona, tamén, sobre a importancia da familia, as nais e pais son tamén responsables desta formación dixital. Entre todas e todos debemos formar cidadáns libres, críticos e integrados nunha sociedad, a virtual, onde hai deberes e dereitos que deben coñecer.
Desenvolver o BO XUÍZO entre as nosas mozas e mozos vainos axudar a atopar respostas a futuras preguntas. O mundo está en constante cambio e deben ir a atopando o seu propio lugar.
Xa no remate da súa intervención, Jordi Adell insiste no cambio de metodoloxía, debe ser máis activa, elas e eles deben ser responsables no uso destas tecnoloxías.
luns, 24 de febreiro de 2014
xoves, 20 de febreiro de 2014
PRESENTACIÓN
Este é o meu novo blog. O obxectivo desta ferramenta é fomentar a escrita e a oralidade en lingua galega. Utilizar esta plataforma para que o meu alumnado elabore os seus contos colectivos, participando todos na elaboración dos mesmos. Dar cabida tamén aos traballos na aula, os recitados, as exposicións, etc. Sería interesante que o visen como un mecanismo de traballo e como un medio de aprendizaxe.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
